Hola, pude conseguir una página con una entrevista que le hicieron a este señor. Está en dialecto gallego pero afortunadamente el portugues es mi segunda lengua y puedo leerlo con relativa facilidad.
Este teólogo no niega la resurrección, niega la forma tradicional en que se concibe la resurrección -a mi entender el está equivocado-, porque cree que Jesús resucitó espiritualmente pero el cuerpo quedó descomponiéndose en una tumba, niega además todas las apariciones.
Este teólogo se alinea con la "teologia de la liberación" pero pretende metérsele por los ojos con terciopelo a la gente, porque entre izquierdistas aparenta ser más moderado, pero esencialmente es un téologo de liberación y no más que eso, por ello la Iglesia está pensando en condenarlo como ya hizo con los otros ya bien definidos, pero hay factores sociales que son limitantes, y el condenarlo podrías como arrancar la paja del trigo antes de tiempo y echar a perder el trigo.
¿Non hai milagre no que se di que ocorreu tres días despois da morte do Xesús histórico?
Que a resurrección da que falan as Escrituras non é un milagre, xa é admitido por todos. Sería milagre se o cadáver volvese á vida. Non foi así. Os textos son parabólicos, son simbólicos. A interpretación máis axustada é a que deron dous grandes teólogos, Hans King e Karl Rhaner: Xesús morreu cara ó interior de Deus. É polo que entendo que é necesario repensar a Resurrección (o título dunha das súas obras).
¿E as aparicións? ¿Tampouco existiron?
As aparicións non son posibles, e polo tanto non teñen sentido. Alguén que entra na plenitude de Deus está por enriba do tempo e do espazo. É polo que cremos que Xesús está igual nunha Eucaristía en Nairobi ca en América. Un ser tan identificado con Deus non é visible.
¿E o da resurrección dos mortos no día D en que quedaría?
Que Xesús foi o primeiro temporalmente en resucitar, e que todos os demais deberán esperar ao final dos tempos para conseguilo, é o esquema que aínda está presente no 99 por cento da teoloxía, incluída a de teólogos progres. Pero tamén Xesús é o primeiro en chamarlle Abba a Deus (o Deus de amor), e iso non significa que non o fose desde antes, quérese dicir, desde sempre. É no que me centro para soster que o Deus que nos crea por amor nunca nos vai deixar caer na morte. En consecuencia: Deus estanos resucitando a todos de sempre. Non temos que agardar por iso ó final dos tempos. Chegaremos a esa argumentación e a esa conclusión se lemos sen prexuízos e sen medo os textos bíblicos. Esa idea que eu defendo da resurrección está permanentemente presente no Antigo Testamento.
Si algo no se entiende háganmelo saber que con gusto lo traduciré.